lunes, 12 de abril de 2021

MURO VIRTUAL DOS TRABALLOS REALIZADOS EN BIOLOXÍA DE 1º ESO DURANTE A 2º AVALIACIÓN

 

Durante a 2º avaliación o alumnado de 1º ESO traballou os diferentes tipos de ecosistemas que podemos atopar no noso planeta. Xa que se trata dun tema no que podemos afondar, cada alumno adicou o seu traballo a realizar unha investigación relativa a un ecosistema concreto.

 A partir dunhas preguntas xenéricas ou de contidos mínimos, o alumnado tivo que realizar unha exposición oral na cal debían demostrar o aprendido na realización dese traballo.

O alumnado aproveitou a ocasión para afondar tanto en ferramentas dixitais coma plásticas que se ven reflexadas nos power point ou ben nas maquetas que empregaron para realizar a súa exposición oral.

Neste muro dixital aproveitamos para compartir algúns dos seus traballos.



Se queredes coñecer o traballo do noso alumnado de 1º ESO podedes facer click no seguinte enlace ou capturar o código QR que compartimos a continuación.


https://padlet.com/gbarros5/a14ehpdul0o197np