domingo, 18 de abril de 2021

OS VALORES ÉTICOS 2º ESO

OS VALORES ÉTICOS

O alumnado de 2º da ESO comezou este xoves pasado a facer as súas exposicións orais de Valores Éticos.

Nesta ocasión os traballos expostos trataron sobre o importante labor que realizan as agrupacións non gubernamentais.

Nesta época tan dura que estamos atravesando, os alumnos e alumnas reflexionaron sobre a solidariedade das persoas que forman estes grupos e sobre o traballo desinteresado que desenvolven a favor dos colectivos máis desfavorecidos, os máis débiles e necesitados.

Estas exposicións serviron para concienciar ás rapazas e rapaces dos cambios que son necesarios para que todos vivamos nunha sociedade máis xusta e equitativa.