Despois de dous anos sen poder realizar esta actividade por mor da covid-19, o alumnado ten moitas ganas de facer esta escapada para poñer en práctica a súa destreza co equilibrio.
Nesta escapada, o noso alumnado contará con monitores-instructores da escola de Surf "La conservera del surf". Na praia farán a explicación teórica e práctica comezando polo básico, é dicir, practicando na area. Cando as nocións básicas están adquiridas o noso alumnado porá en práctica na auga todo o aprendido.
Para a realización desta actividade fixemos dous grupos, polo que dende a praia puidemos observar como pouco a pouco, os nosos compañeiros progresaban e de feito puidemos apreciar como algúns alumnos aventaxados puideron surfear pequenas olas como se foran surfeiros profesionais.
Moitas grazas a escola de surf por acercarnos a este deporte e por salientar a importancia de conservar o medio que nos rodea.
Quedamos con ganas de repetir¡¡¡¡
Esperemos que o próximo curso poidamos repetir¡¡¡¡



.jpeg)
